Ben Veñas Maio

Posted in Sin categoría on 13 Febreiro, 2012 by amadeodesaboya

Como dí o título, ímonos presentar a este oportuno concurso en un par de meses. Xa estamos no proceso de composición dos dous temas que temos que presentar. Animádevos e vinde a vernos! Será en Maio, aínda que a fecha exacta non a sabemos. Aínda así, podédela ver (creo) en calquera dos anuncios do Ben Veñas, que están colgados en todos os institutos de Pontevedra. Cando a saiba, editarei esta entrada para publicala. Ata outra!

Editado (22-02-12): O concerto é o día 26 de Maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, así que animádevos e vinde 😀 Unha das dúas cancións xa está composta, e non ten perda!

Advertisements

Concerto Frei Martín Sarmiento

Posted in Concertos with tags on 7 Xaneiro, 2012 by amadeodesaboya

Ola xente! Sinto publicar isto con tanto retraso, pero en fin…
Como a maioría saberedes, o pasado 21 de Decembro de 2011 tocamos no instituto Frei Martín Sarmiento. Tocamos dúas veces: na primeira parte tocamos o repertorio que pensabamos tocar e está gravado case todo, menos o comezo e o final. Na segunda parte tocamos cancións en plan “improvisado”, e non dispoñemos de gravacións 😦 De todos modos, déixobo-los vídeos da primeira parte:
Symphony of Destruction

Back In Black (como non xD)

Smoke on the Water

Seek and Destroy

Ah, e antes de que se me olvide, unha nova: xa podedes contactar connosco por tuenti buscando Maelstrom Pontevedra (aínda que se buscades só Maelstrom tamén aparece, que non hai moita xente que se chame así xDD)
Saúdos!

Por fin novo material!

Posted in Videos on 22 Agosto, 2011 by amadeodesaboya

Despois de muito tempo sen gravares nada, puidemos gravar unha nova canción, aínda que sen Mariño (xa que está de vacacións por alí por Carnota). Non é que estea moi pulida, pero mellor que non gravar nada…

Aquí tendes o vídeo:

Letra

Non estamos mortos!

Posted in Videos on 29 Xullo, 2011 by amadeodesaboya

Hei, xente! Xa sei que hai muito que non publico nada novo, pero se debe a que despois de comezar as vacacións só puidemos ensaiar todos os membros do grupo xuntos unha vez, e non deu tempo a gravar nada. Aínda así, estamos adquirindo novo equipo (temos varios amplificadores novos, e Manu mercou tamén unha guitarra) e con un pouco de sorte en pouco tempo xa estaremos outra vez máis activos. Tamén estamos baraxando a posibilidade de dar un concerto, pero aínda é só unha especulación, porque temos que preparar todos os temas (que dependendo se tocamos con máis grupos ou non, son entre 3 ou 4 e 10 ou 12) e informarnos de ónde tocar e todo iso. Para que non vos aburrades, déixobos este vídeo dunha canción que posiblemente toquemos máis adiante 😀
Letra

Concerto A Xunqueira II

Posted in Concertos on 4 Xuño, 2011 by amadeodesaboya

Pois este é o noso primer concerto, fainos moita ilusión :3
Foi o Venres 3 de Xuño (dia inolvidable para David, Dani e máis eu, non só por este concerto, senón tamén polo resto do dia) á mañá na III Semana da Música. Non puidemos ensaiar antes da actuación, e nin sequera tiñamos pensado que nos deixaran tocar a última canción, así que estamos moi contentos de como saiu. Ben, sen impacientarvos máis (que seguro o estades xD) déixovo-los vídeos para que os disfrutedes tanto coma nós tocando. Están por orde de cómo os tocamos.
Twisted Sister – I Wanna Rock

Megadeth – Symphony of Destruction e AC/DC – Back in Black

Foo Fighters – The Pretender

Comed fruta, niños

Posted in Videos on 17 Maio, 2011 by amadeodesaboya

David, sempre buscando a alimentación sana, aconséllanos así ó final deste primer vídeo da tanda que grabamos no ensaio que tivemos hoxe.

Letra

Para os que aínda o dubiden, é Seek & Destroy de Metallica.

Para non variar, aínda que hoxe tocamos cousas moi diferentes, o segundo vídeo tamén é de Metallica, aínda que neste caso dun disco posterior, o coñecido como Black Album. Esta versión paleira de Enter Sandman… en fin, sen comentarios xD

Cipótica!

Letra

Seguimos por algo non tan duro: Deep Purple. O máis puro Hard Rock dos 70’s volve condensado nesta versión con coros da mítica Smoke On The Water. Non saiu ningunha marabilla pero non está moi mal xD

Letra


Seguimos pola línea de Rock, tirando a Post-Grunge. Esta vez, The Pretender dos Foo Fighters. Perdón pola calidade do sonido (non só deste, en xeral :P)

Letra

E agora chegamos a o Grunge, ese peculiar estilo coñecido principal e case únicamente pola banda Nirvana, onde estaba antes o creador dos Foo Fighters (Dave Grohl). Smells Like Teen Spirit non é unha canción que presente moita dificultade técnica, a verdade, pero a tocamos porque lle gusta a Dani xP

Letra

Para rematar, volvemos ao Metal, neste caso Heavy Metal dos 80’s do bó: Judas Priest. Unha canción coñecidísima deste grupo, aínda que en opinión miña teñen moitas mellores, pero é que Judas non ten cancións malas. Bueno, aquí tendes esta versión Made in Ghalisia de Breaking the Law.

Letra

Bueeeeeeeeno, e iso é todo por hoxe, non vos quixaredes de que non grabamos videos xD

Deica outra!

O interior é o que importa

Posted in Sin categoría on 15 Maio, 2011 by amadeodesaboya

Se sodes un pouco observadores, dariádevos de conta de que o nome da dirección web (https://maelmstrom.wordpress.com) non é o mesmo có do grupo (MælstrøM). Isto débese a que o dominio xa estaba pillado por alguén que no 2006 tivo a xenial ocorrencia de crear unha blog para deixala vacía, así que tiven que intercalarlle unha m en medio. Isto quizáis traia confusións, así que estamos abertos a propostas para cambiar o nome da dirección por un que non cause tanta confusión.

Saludos :3